Proxecto de Orde pola que se regula a sinalización das prohibicións establecidas na Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 12/05/2026

Obxecto:

a orde ten por obxecto establecer as características xerais e os modelos dos anuncios ou carteis de sinalización necesarios para dar cumprimento ao disposto nos artigos 26.1, 31.3, 37.7 e 38.2 da Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas.

Estado actual: Pendente de aprobación