Anteproxecto de lei de educación dixital de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 10/02/2025

Obxecto:

Establecer o marco para o desenvolvemento e integración da educación dixital no sistema educativo da Comunidade autónoma de Galicia promovendo o acceso equitativo ás tecnoloxías da información e da comunicación (en diante TIC) como ferramentas esenciais para a aprendizaxe, a inclusión, a innovación e o desenvolvemento integral do alumnado, o desenvolvemento das competencias dixitais e a transformación pedagóxica e organizativa dos centros educativos.

Para estes efectos, a lei define un modelo de dixitalización educativa baseada nun modelo híbrido e fundamentada na equidade no acceso, na formación continua do profesorado, no uso educativo crítico e seguro das tecnoloxías, na creación de contidos dixitais de calidade e no respecto á diversidade cultural e lingüística de Galicia, coa promoción activa do uso da lingua galega en todos os ámbitos da educación dixital.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 18/05/2026

Suxestións recibidas: 24