Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
Departamento:
Consellería de Política Social e Igualdade - Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
Inicio da tramitación: 03/09/2025
Obxecto:
Esta lei ten por obxecto establecer, no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, un marco normativo integral para a prevención, detección, atención, protección e reparación fronte ao acoso e á violencia dixital, co fin de garantir a efectividade dos dereitos fundamentais, a dignidade da persoa, a igualdade entre mulleres e homes e a protección da infancia, de conformidade co disposto no artigo 4 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
En particular, este proxecto normativo ten por finalidade:
- Establecer os principios reitores da actuación no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia en materia de acoso e violencia dixital.
- Regular medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso e da violencia dixital.
- Promover a formación do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e, no ámbito das súas competencias, do persoal das forzas e corpos de seguridade.
- Establecer medidas de protección e apoio ás persoas vítimas de acoso ou violencia dixital.
Ademais, a norma recoñece o dereito á atención integral; o dereito á asistencia xurídica gratuíta; o dereito á restauración da reputación dixital; o dereito á recuperación do proxecto vital e o dereito á reparación simbólica. Particularmente destacable é o compromiso asumido pola Xunta de Galicia para a prestación dun servizo de borrado da pegada dixital para, na medida do que sexa posible técnicamente, a eliminación daquel material dixital accesible en rede que se usou como instrumento de acoso ou violencia dixital.
Estado actual:
Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións:
pechado desde
08/05/2026
Suxestións recibidas: 4