Proxecto de orde pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 02/03/2026

Obxecto:

a presente orde ten por obxecto actualizar o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia, establecido no Anexo III do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, modificado pola Orde do 31 de maio de 2016, pola Orde do 14 de decembro de 2021 e pola Orde do 2 de xuño de 2023. 

Establécese un incremento progresivo dos importes máximos de achega da Xunta de Galicia ás corporacións locais que presten o servizo en condicións de estandarización e homoxeneidade e manifesten a vontade de acollerse ao incremento. Por cada hora efectiva de atención ás persoas co programa individual de atención de servizo de axuda no fogar, incrementarase a achega autonómica conforme a seguinte senda:

  • 4 euros/hora durante a anualidade 2026
  • 5 euros/hora durante a anualidade 2027
  • 6 euros/hora durante a anualidade 2028

En todo caso, a achega máxima da Xunta de Galicia por cada hora efectiva de atención xustificada será de 16,00 euros por hora durante a anualidade 2026; 17,00 euros por hora durante a anualidade 2027, e 18,00 euros por hora durante a anualidade 2028 e seguintes. 

Tamén se recollen na orde os aspectos procedimentais relativos ao novo financiamento. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 20/03/2026

Suxestións recibidas: 3