Proxecto de orde pola que se regulan os elementos de material escolar e os límites aplicables para os efectos da aplicación da dedución fiscal no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas pola súa adquisición no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Inicio da tramitación: 23/01/2026

Obxecto:

concretar as categorías e os elementos do concepto de material escolar e establecer os criterios e límites para a súa aplicación na dedución fiscal por adquisición do devandito material no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 5.Vinte e Cinco do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 09/02/2026

Suxestións recibidas: 1