Proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Inicio da tramitación: 26/06/2025

Obxecto:

o decreto ten por obxecto a aprobación do Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia para dar cumprimento ao mandato legal establecido na disposición adicional sexta da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

O Catálogo de bens de valor cultural no litoral está dispoñible na seguinte ligazón, onde se poden consultar as fichas correspondentes a cada un dos bens que forman parte do mesmo.

AVISO: o prazo para o envío de suxestións abre o 29 de outubro. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 01/12/2025

Suxestións recibidas: 126