Obxecto:
o espazo natural de interese local (ENIL, en adiante) Río Abelleira, pertencente ó Concello de Carral (provincia da Coruña), foi declarado de xeito provisional mediante a Orde do 14 de febreiro de 2017 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro de 2017), ao amparo das leis 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e da entón vixente Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto foi derrogada pola Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, que igualmente recolle a figura de ENIL entre as categorías de espazos naturais protexidos. O artigo 29 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, establece que os ENIL son aqueles espazos que, integrados nun ou varios termos municipais son merecedores, polas súas singularidades, dalgún tipo de protección dos seus valores naturais a nivel local.
Como paso previo para a elaboración do Plan de conservación, elaborouse un documento base do Plan que foi sometido a participación pública mediante o Anuncio do 1 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, que regula o dereito de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.
AVISO: o prazo de envío de suxestións abre o día 16 de xullo.