Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 06/05/2025
de conformidade co artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas deberán garantir que as persoas interesadas poidan relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o cal porán á súa disposición as canles de acceso que sexan necesarias, así como os sistemas e as aplicacións que en cada caso se determinen.
A presente orde pretende habilitar a presentación electrónica das correspondentes solicitudes do certificado de familia monoparental mediante a incorporación da tramitación do procedemento á sede electrónica da Xunta de Galicia, con obxecto de que as persoas usuarias poidan relacionarse coa administración por medios electrónicos. Así, o procedemento administrativo de prazo aberto en materia de solicitude de recoñecemento da condición de familia monoparental, estará dispoñible telematicamente.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 09/06/2025
Suxestións recibidas: 5