Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as normas relativas ao uso público e a actividades recreativas nos illotes dos Guidoiros e illa de Rúa

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 23/04/2025

Obxecto:

orde pola que se modifica a Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as normas relativas ao uso público e a actividades recreativas nos illotes dos Guidoiros e illa de Rúa, que tería por obxecto adaptar os usos e as actividades de uso público que se regulan ás necesidades postas de manifesto polos distintos sectores afectados.

AVISO: o prazo para o envío de suxestións abre o 10 de maio. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 30/05/2025