Proxecto de decreto polo que se modifican os límites do monumento natural Costa de Dexo e se aproba o Plan de xestión do monumento natural Costa de Dexo

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 05/04/2023

Obxecto:

o espazo natural da Costa de Dexo, no concello de Oleiros (provincia da Coruña), declarouse monumento natural mediante o Decreto 101/2000, do 31 de marzo. O obxecto da norma en tramitación é o de aprobar o instrumento de planificación deste espazo natural protexido. Con este decreto darase cumprimento ao establecido no artigo 59 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, que indica que os monumentos naturais contarán cun instrumento de planificación propio denominado plan de xestión, no cal se establecerá o réxime de usos e actividades permisibles, así como as limitacións que se consideren necesarias para a conservación dos hábitats e das especies.

AVISO: o prazo de envío de suxestións comeza o 28 de decembro

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 28/01/2025

Suxestións recibidas: 9