Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia da Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego da Calidade Alimentaria (código de procedemento AP100A)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 27/11/2023

Obxecto:

regular o procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria procedente do extinto Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 13/02/2024