Proxecto de decreto polo que se regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica

Órgano ou entidade tramitadora: Instituto Galego de Promoción Económica

Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Instituto Galego de Promoción Económica

Inicio da tramitación: 09/03/2023

Obxecto: regular a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica, en condicións de mercado ou con axuda implícita, de acordo con requisitos e características establecidos polos programas que, con carácter xeral, a tal efecto aprobe, e que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Calquera outro tipo de operación deberá ser expresamente autorizada mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia. 

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 22/05/2023