Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento e os efectos do recoñecemento como instituto histórico de Galicia e a xestión do patrimonio educativo que custodian
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 16/02/2023
Obxecto: o presente decreto ten por obxecto regular o procedemento e as condicións para o recoñecemento como instituto histórico de Galicia, así como as normas relativas á correcta xestión do patrimonio educativo que custodian.
Este procedemento habilitarase na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurará na guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012 co código ED602C.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 24/03/2023