Anteproxecto de lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Inicio da tramitación: 07/12/2022
Obxecto: a presente lei ten por obxecto a regulación e a organización dun sistema de aprendizaxe ao longo da vida adulta en Galicia que responda de maneira eficiente ás necesidades de formación permanente da cidadanía galega, de acordo coas competencias que o Estatuto de autonomía e o resto do ordenamento xurídico lle atribúen á Comunidade Autónoma de Galicia.
A formación ao longo da vida, entendida como o conxunto de procesos organizados de educación formal ou non formal para que as persoas adultas amplíen os seus coñecementos, melloren as súas competencias tanto técnicas como profesionais e desenvolvan as súas aptitudes e a súa capacidade crítica, favorecerá o desenvolvemento integral das persoas desde unha perspectiva persoal e profesional e impulsará o desenvolvemento sostible de Galicia nos ámbitos social, económico e cultural.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/03/2023
Suxestións recibidas: 1