Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Inicio da tramitación: 29/11/2021
Obxecto: decreto polo que se procede á modificación da zonificación do Plan de ordenación dos recursos naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés, así como á aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e o réxime de infraccións e sancións.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/01/2022
Suxestións recibidas: 22