Anteproxecto de lei de arquitectura de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Inicio da tramitación: 15/11/2021

Obxecto: esta lei ten por obxecto o recoñecemento do interese público da arquitectura e da contorna construída, como feito cultural identificador da nosa comunidade autónoma, que os poderes públicos están obrigados a fomentar, preservar e difundir, como clave para o desenvolvemento económico sostible e a cohesión social. Con tal fin, esta lei establece as medidas de impulso, coordinación e divulgación necesarias para acadar unha arquitectura de calidade.

É igualmente obxecto desta lei establecer as especificidades que require a regulación dos contratos de servizos derivados do proceso arquitectónico, no marco da lexislación básica estatal en materia de contratos do sector público, coa finalidade de impulsar a calidade da arquitectura nos procedementos de contratación pública, excluídos os traballos de enxeñería civil regulados pola lexislación de obra pública.

AVISO: as suxestións deberán enviarse a partir do martes 16 de novembro.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 09/12/2021

Suxestións recibidas: 8