Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento polo que se establece o réxime aplicable á segunda actividade do persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais adscritos aos distritos forestais do servizo de prevención de incendios forestais

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 14/04/2021

Obxecto:

o presente decreto ten por obxecto regular o réxime aplicable á segunda actividade prevista na Disposición adicional décimo cuarta da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, mediante a que o persoal incluído dentro do ámbito de aplicación poderá ser adscrito voluntariamente a un posto de traballo no que non sexa necesario realizar tarefas operativas de intervención directa en incendios forestais.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 10/05/2021