Proxecto de orde pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán nos procedementos administrativos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Inicio da tramitación: 02/02/2021
Obxecto: esta orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán nas solicitudes para as autorizacións das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, de conformidade co establecido na Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia e nos Decretos 84/2017, do 3 de agosto, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Mixta Xunta de Galicia-Igrexa Católica e 93/2017, do 14 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 14/04/2021