Proxecto de decreto polo que se regula o depósito legal na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Políticas Culturais - Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Departamento: Consellería de Cultura e Turismo - Dirección Xeral de Políticas Culturais

Inicio da tramitación: 02/11/2017

Obxecto:

o proxecto de norma remitido ten por obxecto a regulación do depósito legal dos recursos editados en soporte físico e tamén das publicacións en liña que formen parte do patrimonio documental e bibliográfico, de conformidade co previsto nos artigos 48 e seguintes da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e no artigo 110 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia.

A actualización da normativa estatal en materia de depósito legal [Lei 23/2011, do 29 de xullo, de depósito legal (BOE núm. 182 do 30.07.2011) / Real Decreto 635/2015, do 10 de xullo, polo que se regula o depósito legal das publicacións en liña (BOE núm. 177 do 25.07.2015)] e a obsolescencia das normas propias [Decreto 43/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de depósito legal (DOG núm. 36 do 20.02.2001) / Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia (DOG núm. 7 do 10.01.2007)], fan que sexa fundamental e inmediata a necesidade de establecer unha nova disposición normativa, en forma de decreto, para regular o depósito legal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 17/06/2020