Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 45/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, a súa posta en funcionamento, e se determinan os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora en materia de hidrocarburos

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Inicio da tramitación: 01/07/2019

Obxecto:

a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos configura un rexistro con carácter autorizador. Isto supón demoras inxustificadas no inicio de actividade das instalacións de distribución que están listas para entrar en servizo. O principio de necesidade e proporcionalidade das actuacións das autoridades competentes fai recomendable substituír este mecanismo autorizador por un sistema de comunicación previa.

A Comisión Galega da Competencia, na súa circular de boas prácticas para a apertura de estacións de servizo, recomendoulle á Administración autonómica substituír o rexistro autorizador de instalacións de distribución por un rexistro cun sistema de comunicación previa, e realizar unha refundición normativa, incorporando á norma que regula o procedemento integrado o réxime do rexistro.

Os obxectivos a acadar con esta modificación son:

  • Modificar o carácter autorizador do rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, substituíndose pola comunicación previa.
  • Refundir a normativa que regula o procedemento integrado e a que regula o rexistro de instalacións de distribución.
  • Todo co obxectivo final de facilitar a apertura de estacións de servizo que incrementen a competencia e posibiliten a redución dos prezos de venda ao público de carburantes

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 05/02/2020

Suxestións recibidas: 1