Proxecto de decreto de sanidade mortuoria de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo
Departamento: Consellería de Sanidade
Inicio da tramitación: 25/06/2019
Obxecto: establecer unha nova regulación en materia de sanidade mortuoria, que recolla o contido da Guía de consenso da Comisión Nacional de Saúde Pública, a simplificación de trámites administrativos, o emprego de medios electrónicos, a actualización de formularios, e a creación dun censo de empresas e establecementos funerarios de Galicia, entre outros aspectos destacados.
Tamén recolle dentro do articulado o procedemento para regularización de cemiterios preexistentes, superando o carácter extraordinario co que aparecía na normativa anterior.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 19/07/2019
Suxestións recibidas: 9