Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro de convenios do Sector Público Autonómico de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Inicio da tramitación: 16/06/2016

Obxecto: regular o Rexistro de Convenios do Sector Público Autonómico de Galicia, a fin de que responda ás esixencias da nova normativa aprobada a nivel estatal e autonómico que afecta á materia convencional e, concretamente, á referida á transparencia, publicidade activa e dereito á información pública que atinxa aos convenios.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 19/07/2016