En prazo de envío de suxestións

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos en prazo de envío de suxestións son aqueles que se atopan cos prazos abertos para algún destes trámites administrativos: trámite de audiencia a colectivos ou persoas que teñan a condición de interesados/as, trámite de información pública xeral ou outros trámites de fomento da participación cidadán que se poidan formalizar con carácter previo ou posterior ao trámite de audiencia das persoas interesadas.

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Ten dispoñibles para consulta 1 normativa en tramitación:
En prazo de envío de suxestións: 31/08/2021 - 29/09/2021  | Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Xustiza

Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia