Proxecto de orde pola que se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, a proba de acceso á universidade e os procedementos de admisión ao Sistema Universitario de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 14/01/2026

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto organizar a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, regulada no artigo 38 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os procedementos de admisión ao Sistema Universitario de Galicia, en adiante SUG. 
O texto avanza cara a un modelo de proba común en toda España, co obxectivo de favorecer a obxectividade, a coherencia nos procedementos e, fundamentalmente, garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado.
Ademais a orde clarifica o papel da administración educativa e das universidades públicas do ámbito territorial de Galicia no desenvolvemento dos aspectos previstos na normativa básica estatal.  

Estado actual: En prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 01/10/2026 - 22/10/2026

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta norma. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Achegas/opinións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.