Proxecto de orde pola que se regula o procedemento para a adhesión das entidades garantes ao servizo de constitución telemática de garantías e o procedemento para a presentación, constitución e cancelación de garantías ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Inicio da tramitación: 01/07/2026

Obxecto:

esta orde ten por obxecto regular o procedemento para a adhesión das entidades avalistas e as entidades aseguradoras ao servizo de constitución telemática de garantías ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (en adiante a Caixa), así como a comunicación de modificación de datos das devanditas entidades. 

Así mesmo, regúlase o procedemento para a presentación e constitución de garantías ante a Caixa polas entidades garantes, e a súa cancelación.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/08/2026