Anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Defensa do Monte
Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Defensa do Monte
Inicio da tramitación: 05/07/2021
Obxecto: este anteproxecto de lei ten por obxecto establecer o marco normativo da loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de defender as terras agroforestais, protexer as persoas e aos bens que poidan resultar afectados, así como reducir os riscos posteriores á produción dun incendio e recuperar a funcionalidade dos sistemas agroforestais afectados.
A lei aplicarase en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado actual: en prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 28/04/2023 - 07/06/2023
Suxestións recibidas: 18