Orde do 23 de setembro de 2026 pola que se crea e se regula o Rexistro Galego de Persoas Centenarias

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 26/12/2025

Data da publicación no DOG: 02/10/2026

Obxecto:

esta orde ten por obxecto regular a creación e regulación do ficheiro informatizado denominado Rexistro galego de persoas centenarias, en adiante, REGACE.

O REGACE é un sistema de información sociodemográfica, clinico-epidemiolóxica e estatística de ámbito autonómico e natureza administrativa, para a recollida e análise dos datos determinantes da lonxevidade das persoas centenarias que residan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O REGACE non ten carácter público, estando sometido ao principio de confidencialidade e ao respecto da normativa reguladora de protección de datos de carácter persoal.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG