Orde do 5 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento PE607A e PE607C)

L

Ligazóns relacionadas

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Inicio da tramitación: 23/09/2025

Data da publicación no DOG: 22/06/2026

Obxecto:

o Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, regula as condicións básicas para a obtención dos títulos profesionais nos buques de pesca. O seu artigo 4 determina cales son os títulos profesionais de pesca, entre os que se atopan os de patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador, cuxos requisitos e atribucións atópanse recollidos, respectivamente, nos artigos 8, 9 e 12 do citado Real Decreto. 

Dentro deste marco normativo, o obxecto desta orde é  regular o procedemento para a obtención das titulacións profesionais náutico-pesqueiras de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG