Decreto 1/2026, do 12 de xaneiro, polo que se regula o Marco galego de microcredenciais para o traballo

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Departamento: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Inicio da tramitación: 17/03/2025

Data da publicación no DOG: 27/01/2026

Obxecto:

cómpre seguir desenvolvendo políticas públicas dirixidas á implementación de medidas que promovan a adquisición, actualización e adaptación continua das competencias profesionais das persoas traballadoras. Esta mellora das competencias profesionais constitúe un deber tanto individual como colectivo, porque a falta de competencias non só afecta ás persoas, senón que tamén incide no mercado laboral en constante cambio e por iso cómpre establecer mecanismos formativos que sexan áxiles, flexibles e accesibles, sendo as microcredenciais unha modalidade de formación que responde a esas características.

As microcredenciais son, polo tanto, un recurso estratéxico para que as empresas poidan contar cunha man de obra cualificada e adaptable, capaz de responder de maneira máis áxil ás cambiantes demandas do mercado laboral, mediante formacións breves e focalizadas e ofrecendo ás persoas traballadoras a posibilidade de manterse competitivas e preparadas para manter o seu emprego e mellorar a súa empregabilidade.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3