Decreto 89/2026, do 3 de agosto, polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

L

Ligazóns relacionadas

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Inicio da tramitación: 06/12/2023

Data da publicación no DOG: 12/08/2026

Obxecto:

regular o funcionamento do Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. O seu ámbito de aplicación estenderase ao sector público autonómico e nel constará o persoal funcionario habilitado para a expedición de copias auténticas e a realización da identificación e da sinatura electrónica das persoas interesadas que non dispoñan dos medios electrónicos necesarios.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG