Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Departamento:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Inicio da tramitación: 21/10/2024
Data da publicación no DOG: 25/11/2025
Obxecto:
este decreto ten por obxecto a regulación do Foro do Litoral de Galicia como órgano colexiado de participación, asesoramento e consulta en materia de ordenación do litoral de Galicia, creado pola Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
O Foro do Litoral de Galicia configúrase como un órgano colexiado dos previstos na sección 3ª do Capítulo I do Título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, e adscríbese á consellería competente en materia de ordenación do litoral, a través da dirección xeral correspondente e promoverá a colaboración entre a administración pública, os sectores implicados e a cidadanía.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG