Decreto 179/2024, do 2 de setembro, polo que se regulan as funcións, a composición e o réxime de funcionamento da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 27/09/2023

Data da publicación no DOG: 10/09/2024

Obxecto:

este decreto ten por obxecto a regulación da composición e o réxime de funcionamento da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral (en adiante, a Comisión), para o cumprimento dos fins e a realización das funcións que lle atribúe a Lei 4/2023, de 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

Son funcións da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral:

  • Coordinar a elaboración, aplicación e seguimento dos instrumentos de ordenación do litoral regulados na Lei 4/2023, de 4 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
  • Coordinar os diferentes órganos implicados nas políticas e medidas previstas na Lei 4/2023, cando resulte necesario para simplificar e axilizar a tramitación dos procedementos relacionados con elas.
  • Velar pola integración das disposicións da Lei 4/2023 e as leis sectoriais que afecten ao litoral, impulsando, cando proceda, as modificacións que favorezan a súa xestión integrada.
  • Elaborar os criterios interpretativos ou directrices que resulten necesarios para promover a xestión integrada dos instrumentos de ordenación do litoral (Informe DXSA).

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG