Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Departamento:
Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Inicio da tramitación: 23/02/2024
Data da publicación no DOG: 22/07/2025
Obxecto:
o proxecto normativo ten por obxecto regular a actividade de traslado de determinadas especies na Comunidade Autónoma de Galicia, entendida esta como o conxunto de operacións de pesca realizadas pola persoa armadora ou patroa da embarcación nas que as capturas, ou unha parte delas, son transferidas ou trasladadas a unha rede de contención ou almacenamento, un contedor ou unha gaiola fóra da embarcación onde as capturas se manteñan vivas ata o momento do seu desembarque.
As actividades de traslado serán de aplicación ás seguintes especies: centola, nécora, boi, camarón, lumbrigante, langosta, santiaguiño e anguía.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1