Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Inicio da tramitación: 11/04/2023

Data da publicación no DOG: 08/06/2023

Obxecto:

o obxecto desta orde é regular o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, rexéndose polos principios básicos comúns acordados polas administracións educativas no Acordo da Conferencia Sectorial de Educación sobre a certificación, acreditación e recoñecemento da competencia dixital docente, publicado no BOE do 12 de xullo por Resolución do 1 de xullo de 2022.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG