Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 01/08/2023
Data da publicación no DOG: 12/01/2024
Obxecto:
esta orde ten por obxecto establecer as condicións e o procedemento de realización da proba de avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, e co Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; e afecta ao alumnado que curse os estudos de cuarto curso de educación primaria ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1