Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 24/01/2023
Data da publicación no DOG: 03/07/2023
Obxecto: establecer medidas para a validación de materias entre as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato e as ensinanzas profesionais de música ou de danza, e medidas para a exención da materia de Educación Física da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de danza e para o alumnado que teña adquirida a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
Tamén ten por obxecto regular medidas de ordenación académica e de coordinación entre as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato e as ensinanzas profesionais de música ou de danza.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG