Decreto 18/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 01/03/2023
Data da publicación no DOG: 03/08/2023
Obxecto: o obxectivo deste decreto é modificar o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo unha nova redacción para os artigos 10 e 11, de cara a dar entrada a novas materias optativas para o alumnado na etapa do bacharelato e as modificacións do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, reguladas no Real decreto205/2023, do 28 de marzo.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG