Órgano ou entidade tramitadora:
Axencia de Turismo de Galicia
Departamento:
A Presidencia da Xunta - Axencia Turismo de Galicia
Inicio da tramitación: 17/11/2022
Data da publicación no DOG: 24/02/2023
Obxecto:
o turismo termal en Galicia é un dos produtos turísticos con maior grado de especialización e singularidade, con maior capacidade de desestacionalización da demanda, con poder para a captación de máis segmentos de público, de grande atractivo para a articulación de oferta turística combinada con outros produtos ou servizos relacionados co patrimonio cultural, natural, enogastronómico e deportivo.
Respondendo a estes obxectivos, mediante este decreto, dótase a Axencia de Turismo de Galicia dunha nova área con competencias específicas en materia de turismo termal, situada na cidade de Ourense. Coa creación desta nova área, que estará integrada na dirección da Axencia, potenciarase a posta en valor turístico dos recursos naturais e culturais vinculados ao termalismo en Galicia, con especial énfase na provincia de Ourense, estruturando a oferta, os recursos e os servizos de tal xeito que conduzan ao impulso de Ourense como Provincia Termal.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG