Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 21/03/2023
Data da publicación no DOG: 30/03/2023
Obxecto:
o obxecto da norma consiste na ampliación do prazo establecido para a xustificación e avaliación polos concellos da execución do proxecto anual de servizos sociais municipais correspondente ao exercicio 2022 e para a presentación do proxecto anual de servizos sociais municipais para o ano 2023.
O prazo establecido do 31 de marzo de 2023, en virtude da presente disposición, amplíase ata o día 30 de abril de 2023, incluído.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG