Orde do 7 de decembro de 2022 pola que se crea e regula o Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública e se establecen a súa composición, organización e funcionamento

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 18/03/2022

Data da publicación no DOG: 21/12/2022

Obxecto:

por medio da presente disposición procédese á creación da Comisión Técnica Asesora de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública, como órgano colexiado interno de asesoramento da consellería competente en materia de sanidade, adscrito ao órgano directivo con competencia no desenvolvemento de programas en materia de saúde pública.

A Comisión Técnica Asesora ten como obxectivo xeral contribuír á mellora nas actividades de control oficial en saúde pública mediante a normalización das inspeccións de saúde pública e a coordinación das medidas posteriores ás devanditas inspeccións en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG