Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 31/03/2022

Data da publicación no DOG: 26/09/2022

Obxecto: esta norma ten por obxecto establecer o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 11 do Real decreto 157/2022, do 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación primaria.

Así mesmo, ten por obxecto regular a ordenación da devandita etapa educativa, de acordo coa disposición final sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cumprir o calendario de implantación establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 217/2022, de 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, que regula que o seu contido se implantará no curso escolar 2022-2023 para os cursos primeiro e terceiro e para os cursos segundo e cuarto no curso escolar 2023-2024.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 54