Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Inicio da tramitación: 21/02/2021

Data da publicación no DOG: 08/11/2022

Obxecto: esta orde ten por obxecto regular o procedemento de reserva (ED550A), de admisión ordinaria (ED550B) e de escolarización extraordinaria (ED550C) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 2