Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Inicio da tramitación: 03/05/2021

Data da publicación no DOG: 18/01/2024

Obxecto:

o anteproxecto de lei ten por obxecto:

  • Establecer o marco normativo que permita asegurar na Comunidade Autónoma de Galicia a calidade dos produtos alimentarios producidos, elaborados ou comercializados no seu territorio e a súa conformidade coa normativa de aplicación, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como das persoas consumidoras finais.
  • Fomentar, potenciar e garantir a produción de alimentos de calidade diferenciada na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Regular os consellos reguladores cando estas entidades realicen a xestión de figuras de protección da calidade diferenciada.
  • Determinar, en materia de calidade estándar e diferenciada dos produtos alimentarios, as obrigas dos operadores en Galicia, así como regular a actuación de inspección e control da Administración autonómica e establecer o réxime sancionador.
  • Mellorar a eficacia do sistema de control oficial, perseguir a comisión das prácticas fraudulentas e establecer sancións disuasorias.
  • Impulsar a sostibilidade da produción alimentaria galega tanto dende o punto de vista ambiental como económico e social.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 10