Orde do 14 de novembro de 2022 pola que se estende a norma da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga OPP-82) a todos os produtores que desembarquen e comercialicen xurelo procedente das capturas da frota de cerco nas divisións 8c e 9a en portos situados na Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Inicio da tramitación: 10/01/2022
Data da publicación no DOG: 30/11/2022
Obxecto: estender a norma da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA OPP-82), que fixa para a súa frota de cerco un límite máximo de 750 kg por tripulante e día para os desembarques de xurelo procedente das divisións 8c e 9a en portos situados na Comunidade Autónoma de Galicia, a todos os produtores que desembarquen e comercialicen xurelo procedente das capturas da frota de cerco nas divisións 8c e 9a en portos situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 13