Decreto 48/2023, do 20 de abril, de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Inicio da tramitación: 18/11/2021

Data da publicación no DOG: 19/05/2023

Obxecto:

a Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, establece no seu artigo 15.2 que a formación especializada en Ciencias da Saúde ten como obxecto dotar os/as profesionais dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propios da correspondente especialidade, de forma simultánea á progresiva asunción polo/a interesado/a da responsabilidade inherente ao exercicio autónomo da mesma. No seu artigo 27 regula as comisións de docencia, e prevé que as comunidades autónomas determinen a súa dependencia funcional e a súa composición e funcións.

Posteriormente, o Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada, na disposición final cuarta establece que as comunidades autónomas velarán, no ámbito das súas respectivas competencias, pola calidade da formación especializada en Ciencias da Saúde e polo desenvolvemento da mesma conforme ao establecido no citado Real Decreto.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 18