Decreto 18/2024, do 11 de xaneiro, polo que se establece o procedemento para a acreditación de centros sanitarios e se crea e se regula o funcionamento do Consello Autonómico de Acreditación de Centros Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios - Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 12/08/2021

Data da publicación no DOG: 09/02/2024

Obxecto:

a Xunta de Galicia ten regulada, neste momento, a acreditación dos centros hospitalarios a través do Decreto 52/2001, do 22 de febreiro, polo que se regula a acreditación dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, pero os cambios organizativos e os avances existentes na consideración e cualificación da calidade das prestacións sanitarias fan necesaria a aprobación dunha nova norma regulamentaria.

Así, a través do anteproxecto regulamentario que se está a tramitar, amplíase o alcance da acreditación aos centros sanitarios públicos e privados, coas excepcións que se indican no articulado, considerando como centros sanitarios aos efectos desta norma os definidos no artigo 3.9 da Lei 8/2008, do 10 de xullo.

No texto do anteproxecto regúlase, así mesmo, a comisión autonómica de acreditación de centros sanitarios como un órgano colexiado ao que se lle atribúen funcións de asesoramento e de emisión de informes sobre os procedementos de acreditación.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 6