Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Xustiza

Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Xustiza

Inicio da tramitación: 30/08/2021

Data da publicación no DOG: 17/12/2021

Obxecto: modifícase a vixente Orde do 4 de outubro de 2018, que regula a selección e nomeamento do persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Modifícase o sistema de acceso ás bolsas de interinos para posibilitar o acceso a estas dun maior número de integrantes que cubran as necesidades crecentes que se producen nos órganos desta Administración. Así mesmo, adáptanse supostos derivados de modificación da normativa básica, así como da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 508/2020. 

Estado actual: aprobada e publicada no DOG