Decreto 204/2022, do 24 de novembro, polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 10/05/2021

Data da publicación no DOG: 05/12/2022

Obxecto: este decreto ten por obxecto a creación do Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDIX). Este centro será o órgano encargado de identificar, diagnosticar e obter conclusións sobre a realidade educativa, posibilitando a súa transformación a través da investigación, da innovación e da transferencia dos resultados dos proxectos de I+D+i e da integración das tecnoloxías que incidan na mellora da calidade educativa.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1