Decreto 101/2021, do 8 de xullo, polo que se crea a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

Departamento: Consellería de Sanidade

Inicio da tramitación: 26/04/2021

Data da publicación no DOG: 09/07/2021

Obxecto:

por medio da presente disposición procédese á creación da Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia na Comunidade Autónoma de Galicia. A comisión configúrase, de conformidade co previsto no artigo 17 da Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de regulación da eutanasia, como órgano administrativo multidisciplinar adscrito á consellería competente en materia de sanidade a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG