Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 24/03/2021

Data da publicación no DOG: 15/06/2021

Obxecto: o obxecto desta orde é establecer, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, un procedemento dispoñible permanentemente para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código de procedemento ED517B), ao abeiro do establecido no Real decreto1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, e no Real decreto 143/2021, de 9 de marzo, polo que se modifica o Real decreto1224/2009, para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG